O Parlamento pide ao Goberno central a rebaixa do IVE para as máscaras e os hidroxeles

Apostan por rebaixar o IVE ao 10 ou 4%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2020 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou este mércores, coa abstención do PSdeG e os votos a favor de PPdeG e BNG, unha iniciativa que pide instar o Goberno do Estado a rebaixar o imposto sobre o valor engadido (IVE) para as máscaras e os hidroxeles desinfectantes.

En concreto, a iniciativa foi defendida pola deputada do PPdeG Encarna Amigo, quen considerou necesario modificar o artigo 91 da Lei 37/1992, do IVE, para que se inclúan estes produtos na lista de bens aos que se lles aplica o tipo reducido do 10% ou o superreducido do 4%, de forma que se equiparen a outros produtos farmacéuticos "imprescindibles".

"Desde o PP sempre sostivemos que unha medida eficaz e inmediata para abaratar e facer máis alcanzables as máscarillas e hidrogeles sería facer baixar o tipo de IVE que se lles aplica", destacou para subliñar que esta proposta é "de sentido común" tendo en conta que a adquisición destes obxectivos implican "un custo".

APOIO DE BNG, ABSTENCIÓN DO PSDEG

A iniciativa contou co apoio do Grupo Parlamentario do BNG, cuxa deputada Noa Presas asegurou ser consciente de que "baixar un imposto implica unha baixada da recadación" pero sostivo que as razóns de "xustiza social" deben de estar "por encima" dos "intentos de recadación".

"Entendemos que é moi necesario que se reduza este IVE e xa o reclamamos no Congreso", indicou a parlamentaria, que tamén esixiu que se garanta o acceso a este tipo de material a todos os colectivos vulnerables.

Pola súa banda, os socialistas optaron pola abstención ao considerar que a iniciativa do PPdeG é "oportunista" e "demagóxica". "Vostedes levan no seu ADN a redución de impostos excepto cando gobernan", afeoulle o parlamentario Juan Carlos Francisco Rivera, quen considerou que o foro no que debe debaterse esta cuestión é o Congreso.

Máscaras cirúrxicas. EUROPA PRESS - Arquivo
Máscaras cirúrxicas. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta