Os axentes que prestaron declaración descartaron que puidesen afirmar se a orixe do analizado era por contacto ou transferencia, ao ser preguntados por iso por avogados da defensa.
Despois da polémica xurdida a raíz da emisión do documental de RTVE, o Galicia Confidencial fala cun dos firmes opositores á súa conclusión de que Cristóbal Colón tiña que ser un xudeu da zona do Mediterráneo español: o escritor Rodrigo Costoya, que leva anos defendendo a teoría do Colón galego. Esta é a súa opinión.
  comenta   0
Os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do 11 de xuño do ano pasado, e a Audiencia considera acreditado que o acusado, natural de Portugal, entrou na habitación da vítima cando esta durmía, vestido só cun calzón e cun preservativo, "con intención de ter relacións sexuais con penetración".
Unha investigación realizada polo catedrático de Medicina Legal e Forense da Universidade de Granada José Antonio Lorente conclúe que Colón era xudeu sefardí. Agora ben, de onde? A cousa queda no aire.
  comenta   0
O investigador do CiMUS Jesús Requena charla co Galicia Confidencial sobre os prións e o seu risco para seres humanos e animais. Non foi ata 1982 cando se 'propuxo' a existencia dos prións, probada nos seguintes 20 anos. Da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob ás vacas tolas, pasando pola actual 'enfermidade do cervo zombie' ou a tembladeira das ovellas.
  comenta   0
Buscaranse indicios da posibilidade de padecer cancro de mama e ovario hereditario, síndrome de Lynch ou hipercolesterolemia. Todo para poder adiantarse ao diagnóstico e ofrecer un tratamento especializado ao paciente.
  comenta   0
"A maior parte da Historia da Terra estivo dominada polas bacterias, que non se extinguiron aínda que aparecesen seres moito máis avanzados que elas como animais ou o ser humano, e o ser humano desaparecerá e elas seguirán estando aí, polo tanto, se imos buscando vida fóra da Terra, o máis sinxelo é que atopemos seres microscópicos, semellantes ás bacterias", reflexiona a investigadora do CSIC.
  comenta   0
Da man da paleontóloga e investigadora da UDC Aurora Grandal coñecemos algúns dos achados arqueolóxicos máis relevantes de Galicia: do mamut de Buxán aos osos cavernarios e cervos da cova de Liñares.
  comenta   0
Os tanatopractores Jaume Prats e Manuel Martín expuxeron no III Congreso Internacional de Directivos Funerarios celebrado a pasada semana en Ourense, as bases do seu traballo, unha profesión que se recoñeceu oficialmente no ano 2011 e que, aínda a día de hoxe, non conta cunha guía de prácticas común, dependendo moito a forma de traballar de cada tanatopractor e da normativa de cada comunidade.
  comenta   0
Trátase de Baldomero Vigil-Escalera, o máis novo dos fusilados en setembro de 1939. As probas de ADN foron posíbeis grazas á colaboración dunha sobriña, Pilar, que en novembro pasado se presentou no IMELGA, en Verín.
Durante moito tempo, e aínda na actualidade, especulouse moito con que as orixes do piloto austríaco estarían en Loña do Monte, unha aldea do municipio ourensán de Nogueira de Ramuín. Sen embargo, tras a súa morte, a Federación de Industrias Austríacas publicou unha biografía do empresario vienés Hans Lauda, ao que identificaba como o verdadeiro avó de Niki.
  comenta   0
Abriría a porta a localizar e sancionar a eses donos que non recollen as deposicións das súas mascotas nas vías públicas.
  comenta   0
A familia de Déborah, que desde hai meses está a pedir o arquivo do procedemento, espera que, antes de que acabe o prazo de prórroga da instrución, o xulgado dea por pechada a causa e non confía en que se dite auto de apertura de xuízo, tras máis de 20 anos de vicisitudes dunha investigación que cualificaron reiteradamente de "desastrosa".
O iris é unha información moi sensible, unívoca e que se mantén inalterable ao longo do tempo. Almacena parte do ADN dunha persoa e a súa venda implica que poida ser hackeada xa que hai dúbidas en torno ao rigor da custodia destes datos, a anonimización da información e o interese comercial do proxecto.
  comenta   0
Todo iso despois de que esta semana a Policía buscase a un home que conviviu cunha muller nun piso de aluguer por habitacións en Vigo, situado a escasos metros de onde apareceu o corpo.
Vivía nunha habitación dentro deste inmoble que se alquilaba por habitacións coa súa parella. O home residiu alí ata setembro, mentres que a ela perdéuselle a pista meses antes.
Tras a aparición do cadáver en Vigo, varios medios portugueses fixéronse eco das manifiestaciones da familia de Isabel Lima, unha muller portuguesa, natural da localidade de Caminha, a quen os seus achegados perderon a pista en setembro pasado e que sitúan na cidade olívica nesas datas.
O teléfono da moza estivo desaparecido durante case 20 anos e, de forma casual, foi localizado en setembro de 2022 durante a realización dunhas obras en instalacións policiais de Madrid. O móbil apareceu entón, iso si, sen cartón SIM.
A falta de confirmación coas probas de ADN, non se correspondería co veciño cuxo cranio foi atopado hai semanas.
  comenta   0
O 50 % das persoas maiores de 65 anos van a desenvolver un ou máis cancros de pel. Na sociedade actual, o 61 % da xente cre que estar moreno é bo, é atractivo e por iso acoden tanto á praia no verán como ás cabinas de bronceado, cuxo uso sistemático antes dos 30 anos multiplica por seis o risco de melanoma na idade adulta.
  comenta   0
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica ten contacto con tres das familias pero leva tempo tratando de localizar algún achegado de Pedro Pinilla Calvete ou de Pedro Pinilla Fraga, para que poidan asistir á exhumación e se lles tomen mostras de ADN para unha posible identificación xenética dos restos.
  comenta   0
'Sensoxenoma', un estudo do IDIS en colaboración coa USC revela que ante o estímulo da música os xenes de pacientes con enfermidades neurodexenerativas se sobreexpresan, e fano no sentido contrario ao da enfermidade, o que supón unha especie de efecto compensatorio.
  comenta   0