Científicos estudan o comportamento das baleas que visitan Galicia

O Instituto de Oceanografía realizou un estudo das baleas en aguas das Rías Baixas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 03/10/2024 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

Persoal científico do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC) a bordo do catamarán da asociación EDMAKTUB, realizou un estudo multidisciplinar dos rorcuais (Balaenoptera physalus), que se concentran nas augas galegas para alimentarse.

Balea común en augas de Galicia
Balea común en augas de Galicia | Fonte: IEO

 

O rorcual común, tamén coñecido como balea común, é unha especie de mamífero mariño da orde dos cetáceos.  En tamaño, este animal é o segundo máis grande existente no planeta, tan só superado polo seu parente Balaenoptera musculus, o rorcual azul ou balea azul. Pode chegar a alcanzar unha lonxitude de 27 m.

A campaña, realizada na plataforma continental fronte ás Rías Baixas na primeira quincena de setembro, permitiu tomar mostras de auga para a caracterización xenética dos rorcuais a través do ADN ambiental. Ademais, recolléronse mostras de microbioma do tracto respiratorio mediante o uso de drones e tomáronse imaxes para a súa identificación e análise biométrico.

"A análise do ADN ambiental presente na auga e o uso de drones para a toma de datos e mostras fai posible obter unha información até agora descoñecida, o que nos permitirá caracterizar a poboación que visita as augas galegas, estudar a súa conectividade e patróns de migración, así como o seu estado de saúde", sinala Camilo Saavedra, investigador do Centro Oceanográfico de Vigo do IEO e responsable da campaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta