Para Tami Prieto, unha moza do Grove, o que ela facía cos seus pais de pequena e o que súa nai facía antes co seu avó recollendo tesouros que o mar traía ata a praia non era 'ir ás crebas', senón 'ir aos achados'. Lembra con nostalxia unha madeira dun barco que tiñan enriba da cheminea da casa e que poñía 'Singapore'.
  comenta   0
Este animal pode superar os cinco metros de longo e rozar os seis quilos na súa etapa adulta.
  comenta   0
Alfredo López, científico da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), explica que as alteracións climáticas mundiais afectaron "ás súas zonas de pasto, que están deixando de existir", por iso as baleas "vense obrigadas a buscar outras zonas que non son tan boas para elas, pero onde poden atopar comida".
  comenta   0
Son datos recompilados durante un estudo do investigador Youri van dean Hurk, das universidades de Trondheim e Groningen (Países Baixos), no que colaborou a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños. Trátase, segundo esta entidade, do "maior estudo de zooarqueoloxía de baleas en Europa", xa que empregou 719 mostras (68 de Galicia) desde o 3.500 antes de Cristo e ata o século XVIII, procedentes de 12 países.
  comenta   0
Trátase dun rorcual aliblanco, tamén coñecido como balea anana, de 6,30 metros de tamaño que se penetrou ría arriba e quedou atrapado nas instalacións do porto, das que non puido escapar a pesar dos esforzos que lle provocaron numerosos rasconazos e contusións pola cabeza e o corpo.
  comenta   0
A canle de divulgación científica Balea Vermella e o dominio PuntoGal veñen de firmar un convenio de colaboración.
  comenta   0