Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2024 | Actualizada ás 15:05
A embarcación 'Salvamar Betelgeuse' remolcou á primeira hora da mañá deste mércores o cadáver dunha balea de entre sete e oito metros de lonxitude localizado na zona de Punta Penencia, preto da praia de Doniños, en Ferrol.
Segundo explican fontes de Salvamento Marítimo, o cetáceo supuña un perigo para a navegación, especialmente para as máis de menor tamaño, polo que tivo que retirala da zona e levala a porto. O cadáver da balea localizado en Penencia derivaba cara ao norte, a uns dous nós de velocidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.