O temporal deixa unha balea en desomposición de 20 toneladas nunha praia de Sanxenxo

Levaba varios días aboiando polas Rías Baixas.

Por Galicia Confidencial | Sanxenxo | 09/10/2024 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Operarios dunha empresa de Ribeira retiraron a balea morta que este mércores varou na praia de Pampaído, no municipio pontevedrés de Sanxenxo.

Segundo informou o Concello, os traballadores esnaquizaron ao cetáceo, unha exemplar femia de aproximadamente 15 toneladas e 18 metros de longo, e trasladalo ao camión que a Consellería de Medio Ambiente habilitou para trasladar ao animal a unha planta de residuos especiais.

Dous operarios comezaron o traballo sobre as 11.00 horas deste mércores, cando a marea estaba baixa, e as tarefas duraron case catro horas. O custo para o Concello rolda os 3.000 euros.

Restos dunha balea nun areal de Sanxenxo
Restos dunha balea nun areal de Sanxenxo | Fonte: Whatssap

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta