O rorcual común é a balea máis frecuente nas costas galegas, é a máis grande que existe despois da balea azul e caracterízase pola súa aleta e por medir entre 24 e 25 metros de lonxitude, indicou o presidente do Cemma e veterinario, Xabier Pin.
  comenta   0
Expertos denuncian o acoso que sofren estas especies: "O sorriso dun golfiño non representa a súa alegría, o que se ve é o seu sufrimento"
  comenta   0
Nun vídeo subido por Alberto Vilas vese como estes exemplares están a poucas millas da costa de Malpica, un suceso moi pouco habitual
Alfredo López, científico da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), explica que as alteracións climáticas mundiais afectaron "ás súas zonas de pasto, que están deixando de existir", por iso as baleas "vense obrigadas a buscar outras zonas que non son tan boas para elas, pero onde poden atopar comida".
  comenta   0
Son datos recompilados durante un estudo do investigador Youri van dean Hurk, das universidades de Trondheim e Groningen (Países Baixos), no que colaborou a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños. Trátase, segundo esta entidade, do "maior estudo de zooarqueoloxía de baleas en Europa", xa que empregou 719 mostras (68 de Galicia) desde o 3.500 antes de Cristo e ata o século XVIII, procedentes de 12 países.
  comenta   0
A navieira Mar de Ons foi a encargada de avisar deste último avistamento producido o martes 8 de agosto préto da Praia de Rodas.
A Sociedade Galega de Historia Natural acaba de facer 50 anos. Anos nos que houbo tempo para accións contra a vertedura de residuos radiactivos na Foxa Atlántica, contra a caza das baleas e tamén para recuperar áreas como partes da lagoa de Antela ou crear documentos e catálogos sobre flora e fauna galegas. GC fala con Serafín González, o seu presidente.
  comenta   0
Varias institucións españolas encherán este venres 30 de setembro e sábado 1 de outubro as súas salas de científicos con motivo da celebración da Noite Europea dos Investigadores.
  comenta   0
En España as augas do golfo de Biscaia e oeste da plataforma galega rastrexaranse a bordo do 'Ramón Margalef' durante case 30 días
  comenta   0
O proxecto concluíu a súa primeira fase de execución co inicio de estudos científicos e o reforzo da coordinación entre os socios participantes, así como puxo en marcha ferramentas de comunicación tales como unha páxina web e materiais informativos, segundo informa o MITECO.
  comenta   0
Cada vez máis navegantes e traballadores do mar reportan encontros co animal, "moi cariñoso". "Sae do porto con uns, volve con outros... vai con quen sexa".
  comenta   0
Científicos de varios países coordinados analizaron mostras de individuos desta especie en Islandia, Azores, Estreito de Xibraltar e augas galegas.
  comenta   0
O caldeirón foi atopado na mesma praia de onde fora rescatada horas antes.
Investigadores do BDRI avistan o primeiro exemplar desta especie en 2019, logo de que a finais de 2017 e durante 2018 fosen sorprendidos pola presenza de máis baleas.
  comenta   0
Un novo estudo do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) confirma que baleas azuis, comúns e boreais veñen alimentarse a zonas próximas da costa galega debido á presenza dunha especie de crustáceo. Os científicos alertan de que os cambios no índice de afloramento costeiro ou na temperatura da auga, así como a presión pesqueira, "poñen en claro risco a supervivencia e migración das baleas nas nosas augas”.
  comenta   0
Desde a aprobación do Catálogo Galego de Especies Ameazadas, a Xunta só activou plans para a conservación de tres especies. Outras están case desaparecidas. “De seguir así farían falla máis de 1700 anos para que as especies máis sensíbeis e amezadas da natureza galega dispuxeran das ferramentas que establece a lei", din os ecoloxistas.
  comenta   2
Asociacións animalistas propoñen medidas de prevención para protexer estas especies, como modificar a velocidade das embarcacións ou transformar o acuario municipal da Coruña nun espazo de rescate e rehabilitación destes animais.
  comenta   0
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-CEMMA constata que a aparición de grandes cetáceos varados na nosa costa vai en aumento. Dende 1990 a 2018 vararon en Galicia 178 exemplares de baleas e cachalotes, pero só desde o pasado mes de decembro xa apareceron sete. O cambio climático e a elevación da temperatura do mar poderían explicar este fenómeno.
  comenta   0
O alcalde espera que o esqueleto poida ser exhibido no museo municipal. Trátase do sétimo exemplar varado nas costas galegas dende o mes de decembro.
  comenta   0
Expertos apuntan que as posibilidades de sobrevivir do cetáceo eran poucas pois é un animal que depende moito da súa nai.
  comenta   0
No pasado mes de decembro apareceron catro exemplares similares noutras zonas da costa galega.
  comenta   0
A caza da balea en Galicia tivo unha longa tradición ata o século XX, aínda que houbo dúas épocas diferenciadas por cuestións teconolóxicas. Ata o século XVII a peza era a balea franca, que pasaba por diante da costa galega. No XIX e XX as tecnoloxías importadas doutros lugares permitiron perseguir os cetáceos moito máis lonxe.
  comenta   1
Tras os avistamentos das últimas semanas, o biólogo Anxo Cao lembra que as nosas costas sempre foron lugar de paso destes cetácos. Ademais, ata fai relativamente pouco, existían importantes factorías de procesado da carne de balea en Galicia.
A carpintería de ribeira Fra, no lugar de San Cibrao, en Cervo, acollerá o 28 de agosto unha conferencia por parte de Anxo Cao, estudoso destes mamíferos mariños.
Tras os avistamentos do pasado outono, un equipo do BDRI volve identificar un exemplar desta especie, agora á altura de Cariño. Galería de fotos e vídeo no interior.
  comenta   0
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) participou no primeiro estudo para monitorizar os recentes cambios oceánicos no Atlántico Norte en base á información química das baleas que se alimentan nas augas de Galicia e Islandia.
  comenta   0
Un equipo científico dirixido polo italiano Alberto Collareta, do Departamento de Ciencias da Terra da Universidade de Pisa, presenta os resultados do seu estudo sobre os movementos migratorios das baleas no principio do Pleistoceno. No traballo participou a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, que analizou mostras dunha balea xibarte varada en Galicia en 2011.
  comenta   0
Publícase o primeiro estudo molecular para identificar cales foron as especies que constituían as capturas principais dos baleeiros en augas galegas e de todo o Cantábrico hai máis de 400 anos. As análises revelan que a balea franca foi o principal obxectivo dos primeiros cazadores e suxiren que a caza directa puido ter desempeñado un papel importante na extinción da especie nestas augas.
  comenta   0
O óso, recollido a 60 metros de profundidade polo 'Gran Solero 5', será doado ao acuario do Grove.
  comenta   0
Apuntan que sería "beneficioso" para o turismo galego como mostra da "riqueza" das súas augas confirmar a presenza estable desta especie.
  comenta   0
Medio Ambiente destinará 80.000 euros á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) que estará vixente ata o 2019. O obxectivo é asistencia e recuperación de tartarugas e mamiferos varados nas costas.
  comenta   0
Investigadores galegos e vascos documentan cientificamente o primeiro rexistro dunha balea azul na Península Ibérica en máis de trinta anos, producido o 23 de setembro de 2016 fronte a costa de Biscaia. Nos últimos meses foron varios os exemplares avistados en Galicia.
  comenta   0
O exemplar foi localizado polos científicos do BDRI, con base no Grove. É a primeira balea desta especie fotoidentifica no Estado español desde o ano 1982.
  comenta   0
O exemplar identificado en outubro polo BDRI chegou a Galicia dende as Azores, tras percorrer uns 2.000 quilómetros en menos de tres meses.
  comenta   0
Os científicos do BDRI fan outro avistamento dun exemplar de balea azul, o cuarto en augas galegas nun mes e medio. Tamén identificaron especies de baleas nunca antes vistas aquí, algunhas delas en perigo de extinción. O biólogo Bruno Díaz celebra que "Galicia está a converterse nun 'restaurante de moda' para estes xigantes". Os científicos falan de "situación case única no mundo".
  comenta   1
Un equipo do Bottlenose Dolphin Research Institute acompañou durante varias horas este exemplar de Balaenoptera musculus, avistado a entre seis e oito millas de Corrubedo. Trátase da terceira balea azul identificada en augas galegas en poucas semanas.
  comenta   0
O exemplar, duns 25 metros de lonxitude, foi identificado preto de Corrubedo por un equipo do Bottlenose Dolphin Research Institute, que xa avistara outro diferente o 20 de setembro pasado preto de Ons. Estes dous súmanse a outra balea azul que fora identifcada doce días antes na ría de Muros e Noia.
  comenta   0
Os científicos do Bottlenose Dolphin Research Institute cualifican de "extremadamente raro" este caso. Tamén avistaron, entre outras especies, un exemplar de Dermochelys coriacea, a tartaruga máis grande do planeta. Vídeo e fotografía do BDRI.
  comenta   0