Un barco captura en Arousa unha costela de balea

O óso, recollido a 60 metros de profundidade polo 'Gran Solero 5', será doado ao acuario do Grove.

Por Galicia Confidencial | O Grove | 23/01/2018 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

As baleas seguen sendo protagonistas en augas galegas. Tras varios sorpredentes avistamentos nos últimos meses de exemplares de balea azul —o animal máis grande do planeta—, agora un barco do Grove, o Gran Solero 5, capturou unha costela de balea de enormes dimensións.

Costela de balea capturada en augas de Arousa polo barco 'Gran Solero 5'.
Costela de balea capturada en augas de Arousa polo barco 'Gran Solero 5'.

O óso foi atopado no medio dos aparellos, lanzados a 60 metros de profundidade no mar para a pesca. As fotos do sorprendente achado —din que nunca se atoparan con algo semellante polas súas dimensións— foron publicadas por Entérate O Grove en Facebook.

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) confirma que se trata da costela dunha balea.

Segundo informa La Voz de Galicia, o óso será doado ao acuario do Grove, para que poida ser estudado e, posiblemente, pasar a formar parte da súa exposición permanente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta