Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2020 | Actualizada ás 13:02
Volven os avistamentos de grandes especies mariñas ás costas galegas. Logo dunha fin de verán cargada de golfiños, candorcas e ata baleas azuis, novembro deixa unha imaxe curiosa gravada a bordo dun pesqueiro. Un tiburón quedou atrapado nas súas redes de pesca. Aconteceu na tarde do pasado xoves en Porto do Son, cando uns mariñeiros estaban a pescar centolas, segundo relatan nun chío de Twitter.
Mentras uns cortan aletas de tiburóns, nós, mariñeiros en Galicia, cortamos as nosas propias redes para conservar a especie. Non todos somos iguais.
— Rogelio Santos Queiruga (@QueirugaRogelio) November 12, 2020
Hoxe en Porto do Son, A Coruña, mentras pescábamos centolas. pic.twitter.com/a9g7B26ryL
O acto dos mariñeiros recibiu mostras de apoio por parte da comunidade tuiteira, entre os cales un usuario identificou ó animal como un cazón, unha especie de quenlla de pequenas dimensións.
Non todos sodes iguais, non, e algúns sodes esperanza. 👏🏼👏🏼👏🏼
— Marinela 🐝 (@nelaguinho) November 13, 2020
Pareceme un cazón (Galeorhinus galeus)
— O Iván_Esteiro ❄️ (@Ivan_o_l2) November 13, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.