O Goberno "non renuncia" á construción de variantes para conectar Lugo coa alta velocidade ferroviaria, segundo asegurou Óscar Puente.
  comenta   0
O grupo plurinacional suxire desenvolver un sistema de cartón único, con tarifa plana e alcanzable, que sexa expedido por cada comunidade autónoma pero que permita ás persoas usuarias desprazarse por todo o territorio e todos os medios de transporte, sempre tendo en conta e respectando as competencias das diferentes administracións en materia de transporte.
  comenta   0
Nos últimos tres anos, Galicia mobilizou preto de 900 millóns de euros para avanzar na modernización tecnolóxica grazas á Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030). Este investimento comezou en 2021 e prolongouse ata finais de 2023, segundo informou a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
  comenta   0
Os populares cifraron en máis de 104.100 as familias galegas que verían afectada a súa conectividade pola decisión de Goberno central de "substituír o ADSL por un sistema de fibra óptica"
  comenta   0
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do grupo Ecoloxía Mariña Integrada (Inmare) do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC, Vigo), lidera unha liña de investigación sobre a ecoloxía espacial de organismos mariños no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, centrándose en especies como quenllas e raias.
Rehabilitouse unha propiedade adquirida polo concello, que conta cun espazo de cociña equipada profesionalmente, comedor, baño e patio exterior.
  comenta   0
"Se algunha provincia foi a gran castigada polo 'sanchismo', esa foi Lugo", proclamou a cabeza de lista ao Congreso dos populares por Lugo, Francisco Conde.
  comenta   0
Manifestou que as persoas que contraten este servizo en remotas e pouco poboadas do territorio contará cunha bonificación do Goberno para facelo accesible.
  comenta   0
A cidade de Vigo adoece de problemas diversos. Un deles é a conxestión do tráfico rodado e a polución derivada do uso excesivo do vehículo privado. Na cidade olívica hai unha concentración de PM2,5 en Vigo é 16 (µg/m³) en diversas áreas do noso territorio urbano.
  comenta   1
“É un orgullo chegar a aldeas que nunca pensaron ter unha conexión de fibra óptica”, destaca Iñaki Castiñeira, fundador e propietario de A Túa Xanela, unha empresa galega afincada en Chantada e cun reto moi claro: mellorar a conectividade no rural galego.
Móstrase "sorprendido" polas acusacións de que non destina "nin un euro" ao proxecto e lembra que hai unha reunión pendente.
  comenta   0
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou este mércores que o Executivo central "aposta no presente pola Ponteareas do futuro, un futuro máis verde, dixital e xusto".
O Pleno do Parlamento Europeo reclamou á Comisión Europea que aborde as necesidades das comunidades rurais cando prepare lexislación e programas financeiros sobre agricultura ou políticas de cohesión a fin de lograr que estas zonas estean mellor conectadas e sexan máis fortes, resilientes e prósperas.
  comenta   0
O Goberno saca adiante o seu terceiro proxecto orzamentario consecutivo sumando entre 186 e 188 votos nas distintas seccións
  comenta   0
Este mércores ábrese o prazo de inscrición para Diplomado Especialista en Territorio Rural Intelixente e que se desenvolverá do 15 de novembro ao 27 de decembro
  comenta   0