Galicia inviste case 900 millóns en modernización dixital en tres anos

Nos últimos tres anos, Galicia mobilizou preto de 900 millóns de euros para avanzar na modernización tecnolóxica grazas á Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030). Este investimento comezou en 2021 e prolongouse ata finais de 2023, segundo informou a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/07/2024 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

Deste total, case 230 millóns de euros foron achegados por empresas privadas, mentres que o resto procede de fondos públicos da Xunta de Galicia e da Unión Europea. Este esforzo económico buscou mellorar varios aspectos clave na vida dos galegos e galegas:

Modernizacion dixital. Recurso
Modernizacion dixital. Recurso
  • Administración Dixital: Máis de 183 millóns de euros destináronse a facer a Administración máis eficiente e accesible. Grazas a isto, desenvolvéronse aplicacións móbiles como XuntaEu e mellorouse a sede electrónica para realizar trámites de forma máis sinxela e rápida.
  • Saúde e Benestar Social: Investíronse máis de 130 millóns en modernizar os servizos sociais e de saúde. Mellorouse a Plataforma Telea, que permite un seguimento estreito de doenzas crónicas sen desprazamentos innecesarios; e a aplicación Sergas Móbil; ademáis de avanzar no uso das potencialidades da Historia Clínica Electrónica e da Historia Social Única Electrónica.
  • Economía Dixital: Máis de 335 millóns fóronse a crear unha economía máis sostible e dixitalizada. Isto inclúe programas para mellorar a competitividade das empresas locais e para facilitar a transición dixital da industria galega. Ademais, o eixo transversal de especialización tecnolóxica sumou un investimento de case 100 millóns de euros, contribuíndo ao desenvolvemento tecnolóxico xeral.

Ademais destes investimentos, tamén se destinou diñeiro a outras áreas como a conectividade dixital, a cultura e o turismo intelixente, sumando un total de case 900 millóns de euros nos tres anos.

Grazas a estes esforzos, o sector tecnolóxico en Galicia representa xa o 2,7% do Produto Interior Bruto (PIB) da comunidade, xerando un valor engadido de máis de 1.700 millóns de euros ao ano. Este avance sitúa a Galicia nun bo camiño cara a un futuro máis dixital e accesible para todos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta