Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/04/2023 | Actualizada ás 11:00
Galicia é a comunidade autónoma que máis uso fai dos teléfonos móbiles e tabletas para manexar os electrodomésticos. Así o desvela o segundo 'Informe sobre electrodomésticos conectados' de Haier. Concretamente, máis do 83% dos galegos fan uso deste tipo de dispositivos, un 8% máis que a media española.
Segundo Haier, esta cifra demostra que os galegos teñen unha "elevada predisposición" a controlar electrodomésticos a través de aplicacións. A nivel nacional, seis de cada dez españoles modificaron os seus hábitos de consumo en relación aos electrodoméstico ante a suba de prezos da electricidade.
Neste sentido, tres de cada dez fogares españoles, un 29%, xa dispón dun electrodoméstico intelixente, unha subida de 4 puntos con respecto ao ano anterior. Así, o aforro enerxético é a característica máis importante dentro deste tipo de electrodomésticos.
As funcións máis empregadas dos electrodomésticos intelixentes son a programación, o apagado e aceso automático e a conexión remota. Así, o estudo sinala que máis da metade dos españoles son influídos na súa decisión de compra polo feito de que o electrodoméstico sexa intelixente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.