Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2023 | Actualizada ás 19:23
Petón do Lobo e Ecoloxistas en Acción Galiza denunciaron o "intento de talla" de máis de 2.000 árbores de "un alto valor ecolóxico" no municipio lucense de Monforte de Lemos e animan a presentar alegacións.
Nun comunicado detallaron que se trata de 1.172 carballos, 421 bidueiros e 513 salgueiros no Rego de Reboredo e Rego de Terra Loura, e ambas as marxes da ribeira, en Distriz, en Monforte de Lemos.
mAsí, co obxectivo de "evitar desfeitas" ambos os colectivos presentaron alegacións tanto ante a Confederación Hidrográfica como ante a Consellería de Medio Ambiente.
Desta forma, sinalaron que a talla "constituiría un dano irreparable" para o medio ambiente e o conxunto da cidadanía e "suporía un precedente difícil de comprender" polas xeracións futuras.
"As afeccións serían múltiples e en cadea unhas con outras", lamentaron. A principal "é que afectaría" os chans e aos procesos erosivos "repercutindo na Rede Natura 2.000.
A zona sitúase nunha chaira "suxeita a inundación", o que "afectaría gravemente os humidais existentes, ao fluxo fluvial e á conectividade dos ecosistemas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.