Goretti Sanmartín (A Estrada) encabeza a candidatura do BNG á alcaldía de Compostela. Valora os últimos catro anos como un goberno "de decepción" para a xente. Acusa ao actual alcalde, Sánchez Bugallo, de non ter mobilizado os mecanismos suficientes para revitalizar a cidade e, sobre todo, de non saber ler as necesidades e as peticións da xente. Cre necesario pór en marcha a empresa pública de vivenda e presinar á Xunta para que mobilice chan para este cometido. Ve primordial, tamén, recuperar o diálogo cos grupos sociais de Santiago.