Dez de marzo 2024: aniversario en Ferrol

Os que vivimos moi de pertiño fisicamente aquela crueldade dun réxime agónico, pero cada vez máis sádico, queremos en primeiro lugar darlle as grazas a Amador e Daniel e aos feridos nos corpos e na dignidade.

Por Xaquin Campo Freire | Ferrol | 15/03/2024

Comparte esta noticia
Únome persoalmente á aquelas familias que, invisibilizadas, aínda lles sangran as feridas porque non recibiron de ninguén un alento de vida, de reparación e petición de perdón. 
Toda a miña admiración para cantos pasastes polo cárcere e para os familiares que tivestes que sufrir xuízos de toda inxustiza con acusacións falsas para condenarvos ab initio contra todo dereito, só para manter un sistema esperpéntico e absolutamente malvado. 
 
Para o pobo de Ferrolterra e á cidadanía galega daqueles tempos, grazas. E para os que vos vides incorporando de novo, por lei de vida, que aprendades que a historia verdadeira da familia de sangue, da tribo e da comunidade, ademais de coñecela e estudala con alma corazón e vida,non podemos permitir nunca o esquecemento, nin terxiversación malévola e maliciosa porque é UNHA HISTORIA SAGRADA DO NÓS COLECTIVO onde se pon en risco a supervivencia común e a dignidade de todos, incluso dos que se equivocaron de boa fe.
 No escudo da Galiza da inspiración de Castelao hai unha frase que nos identifica e compromete: DENANTES MORTOS QUE ESCRAVOS. 
 
Teño diante un libriño editado pola "Memoria Histórica":  "A ditadura de FRANCO segou a vida de más de 900 homes e mulleres nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal".
 
VEREDICTO DA HISTORIA. A día de hoxe, DEZ DE MARZO DE 2024: CULPÁBEIS!
 E ASÍ SE FAGA SABER ÁS XERACIÓNS ACTUAIS. E ASÍ SE ENSINE, SEN FASIDADES, EN TODOS OS ÁMBITOS FORMATIVOS DO UNIVERSO ENTEIRO.
 
E RETÍRENSE  OU INVISIBILICEN TODOS OS SIGNOS DE EXALTACIÓN ÁS PERSOAS QUE MALICIOSAMENTE PARTICIPARON NA MASACRE. 
 
Ánimo compañeiras e compañeiros! Que en calquera campo onde nos movamos manteñamos sempre  acesa a luz da verdade, do amor, do recoñecemento e da reparación. 
 
 “E  dime o corazón que collidos das mans, coas mans de todos, faremos un camiño na noite e ALGUN DÍA VENCEREMOS." 

Manifestación obreira en Ferrol o 10 de marzo de 1972, na que Amador Rey e Daniel Niebla foron asasinados pola Policía franquista.
Manifestación obreira en Ferrol o 10 de marzo de 1972, na que Amador Rey e Daniel Niebla foron asasinados pola Policía franquista.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xaquin Campo Freire Nado en San Xiao de Roca-Guitiriz, Lugo, en 1937. Licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria por Roma. ATS-DUE. Experto Universitario en Enfermaría Comunitaria e tamén en Urxencias e Coidados Itensivos. Diplomado en Coidados Paliativos. Traballou de enfermeiro no Hospital Marcide de Ferrol e no PAC de Fene. Foi capelán da Residencia de Anciáns de Piñeiros-Narón. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e Director da Escola de Saúde e Centro de Escoita Activa “Mons. Araúxo”. Membro das Sociedades Española e Galega de Xeriatría, do consello de redacción da Revista “Encrucillada", da Asociación de Escritores en Lingua Galega e participou con ponencias en diversos Congresos. Ten escrito numerosos artigos relacionados coa saúde. Leva varios anos exercendo un voluntariado no Cárcer de Teixeiro (A Coruña). Ten dous libros escritos. 1) A viuvez na Pastoral da Saúde. Un estudo sobre da viuvez na Galiza. 2) Ese que está no cárcer é meu irmán. Sobre a vida dos nosos reclusos e as súas familias, sen esquecer o problema das vítimas.