Allariz achega á cidadanía trámites como a renovación dos certificados dixitais

O Concello de Allariz conta xa cun Posto de Actualización de Documentación (PAD) que permitirá a renovación de certificados electrónicos e o cambio de claves de acceso aos certificados do Documento Nacional de Identidade (DNI).

Por Galicia Confidencial | Allariz | 01/02/2025 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, recibiu o pasado 29 de xaneiro a visita do comisario Castor Vázquez para supervisar a posta en marcha do novo PAD e atender ás explicacións sobre o fácil manexo deste sistema, deseñado para ser intuitivo e accesible.

Castor Vázquez e Cristina Cid. Foto: Comunicación Concello de Allariz.
Castor Vázquez e Cristina Cid. Foto: Comunicación Concello de Allariz.

O PAD foi presentado como un servizo innovador que mellorará a atención ás persoas cidadás de Allariz, facilitando a realización de trámites como a renovación dos certificados electrónicos e o cambio das claves de acceso aos certificados do DNI de maneira rápida e sen complicacións.

O comisario Castor Vázquez aproveitou a ocasión para agradecer á Alcaldía e ao Concello de Allariz a súa colaboración desde o primeiro momento, destacando a axuda e o apoio recibido para a posta en marcha deste servizo no municipio.

O devandito Posto de Actualización de Documentación está instalado no primeiro andar da Casa do Concello, con acceso tanto por escaleiras como por ascensor, para facilitar a accesibilidade e o uso a toda a cidadanía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta