Este polígono forma parte dun único macroproxecto eólico xunto con Rodicio II, tamén paralizado cautelarmente polo TSXG. Nel habitan especies coma o lobo ou a aguia real, o voitre branco e o millafre real
  comenta   0
Nunha nota de prensa, a Plataforma Bora Xeves A-57 detallou que Adega pedirá xudicialmente a paralización cautelar das obras ata que se redacte unha sentenza respecto diso da causa que promoven, "polos danos que esta autovía causaría no medioambiente sen que se acreditase a súa necesidade por densidade de tráfico".
  comenta   0
Trátase do Lycopodiella inundata, un fento que se atopa nos montes de Cábado e Montouto, entre os concellos de Campo Lameiro, Cuntis, A Estrada e Cerdedo-Cotobade
  comenta   0
Joaquín Araujo (Madrid) é un naturalista, escritor, guionista, produtor e diretor de documentais sobre a natureza. Colaborador de Félix Rodríguez de la Fuente durante os setenta, recibiu o premio Global 500 da ONU e foi asesor de catro ministros. Participou este pasado 19 de setembro na presentación do libro 'O Devalo do Monte', unha obra fotográfica para denunciar os danos á paisaxe dos montes. Fala con GC sobre os eólicos, a crise ambiental, a polución ou os perigos de especies protexidas como o lobo.
  comenta   0
A presentación inclúese dentro da campaña "Humidais para a vida" coa que Ecoloxistas en Acción pretende concienciar sobre a importancia das zonas humidas e as agresións ambientais que sofren constantemente estas zonas de alto valor ecosistémico.
  comenta   0
A obra recuperaría en 15 anos unhas 30 hectáreas de terreo para bancos marisqueiros, pero volver ao seu estado orixinal "non sería factible"
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción presentou un recurso de alzada solicitando a revisión da resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e solicita a inclusión de máis 700 humidais.
  comenta   0
Ao mesmo tempo, dá luz verde á declaración de impacto ambiental do proxecto de Bustelo e Baralláns e á construción do de Serra de Liñares
  comenta   0
En 2001 a Xunta encargaba ao Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) un inventario dos humedais do país. A investigación deu como resultado 1.100 espazos a protexer. Ese inventario quedou nun limbo oficial. Hoxe, máis de 20 anos despois, o Goberno galego só recolle 400.
  comenta   0
Os humidais de interior son áreas capaces de captar grandes cantidades de CO2 e devolver auga limpa en regatos, ríos ou lagoas. En tempos, as brañas mesmo serviron de pasto para o gando ademais de seren reservas de especies endémicas tanto animais como vexetais. A cuestión é que áreas así no interior de Galicia carecen da protección necesaria de cara a súa pervivencia e tamen para evitar tanto a desecación de áreas produtivas como a perda de espazos que axuden contra o cambio climático.
  comenta   0
O DOG publica un anuncio polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental que sinala que non hai afectación a zonas ambientais protexidas.
  comenta   0
A campaña busca concienciar sobre a importancia destas áreas e o alto valor ecosistémico que gardan. Realizarán unha catalogación e avaliación de diversos puntos por toda Galicia para seren incluídos no Inventario de Humidais de Galicia.
  comenta   0
A administración protexerá as máis de 1.000 zonas húmidas de Galicia logo de que o goberno de Feijóo se negara a recoñecelas durante 13 anos.
  comenta   0
Unha das tarefas era reducir de forma controlada o volume de auga acumulada en humidal e mellorar o fluxo entre a lagoa interior e o mar.
  comenta   0
As promotoras xa non terán que facer público o impacto ambiental de boa parte dos proxectos eólicos anunciados. A medida, moito máis laxa que as da Xunta, estaba "agochada" nun pequeno apartado do decreto anti-crise aprobado a finais de marzo.
  comenta   0
A Federación Ecoloxista Galega vén de solicitar ás institucións comunitarias que investigue o comportamento do ente autonómico, trámite que podería derivar en sancións contra a Xunta. Denuncian que a administración autonómica está a tramitar un proxecto eólico de Greenalia sobre un hábitat especial protexido pola UE.
  comenta   0
Colectivos ambientais demandan á Xunta que free os proxectos enerxéticos planeados sobre estes ecosistemas. Detallan que a administración autonómica mira para outro lado ao non rexistrar os humidais porque "así é como se non existiran" e quedan abertos a centrais e muíños de vento.
  comenta   0
A presión que exercemos sobre estes espazos fai que sexan os ecosistemas que máis rapidamente se están a perder no mundo. Estes ecosistemas que tan rapidamente se están a perder proporcionan á Humanidade beneficios colectivos desproporcionados en relación á pequena superficie que ocupan. Falamos con Serafín González Prieto, biólogo investigador do CSIC, sobre a necesidade de conservarlos e restauralos. Tamén do decisivo e deficiente papel que xoga a Xunta na conservación e restauración das zonas húmidas do territorio galego.
  comenta   0