Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2023 | Actualizada ás 13:56
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, resaltou a relevancia do anuncio do Executivo central de que a comunidade autónoma galega estea incluída no corredor do hidróxeno verde que comunicará Portugal, España, Francia e Alemaña, o coñecido como H2Med. "O importante é que Galicia contase dentro desa rede", sinalou.
Miñones, coincidindo coa súa visita á Cidade das TIC, explicou que durante o proceso de deseño deste proxecto común, "unha infraestrutura totalmente nova", veranse as "necesidades" e decidirase se a comunidade galega é incluída en "unha fase inicial ou nunha máis avanzada".
O delegado do Goberno insistiu en que Galicia é unha "potencia" dentro do sector do hidróxeno, "cun sector tanto privado como público que funciona".
Neste sentido, recalcou que a transportista operadora do sistema de gas será Reganosa, que realizará esta distribución "desde a planta que ten en Mugardos (A Coruña)". "Esta conectividade farase a través da rede de Lugo e neste caso a conectividade coa península", sinalou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.