Identificado 85 anos despois o terceiro dos sete asturianos fusilados pola Falange en Celanova
Trátase de Baldomero Vigil-Escalera, o máis novo dos fusilados en setembro de 1939. As probas de ADN foron posíbeis grazas á colaboración dunha sobriña, Pilar, que en novembro pasado se presentou no IMELGA, en Verín.