Controlado o incendio forestal en Oímbra tras queimar unhas 20 hectáreas

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/10/2020 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

O incendio forestal que se iniciou este luns no concello ourensán de Oímbra quedou controlado pouco antes das 20,00 horas, tras calcinar unhas 20 hectáreas, segundo a información da Consellería de Medio Rural.

A brigada contra incendios forestais de Laza advertira de que había "moitísimo vento" na zona, o que favorecía a propagación do lume.

As chamas declaráronse sobre as 11,30 horas na parroquia de Videferre e para o control das mesmas, segundo Medio Rural, foron mobilizados dous axentes, 11 brigadas, sete motobombas, seis helicópteros e dous avións.

Incendio forestal en Oímbra
Incendio forestal en Oímbra | Fonte: TVG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta