Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2020 | Actualizada ás 19:54
A xuíza substituta do Xulgado do Penal número 2 de Ferrol deixou visto para sentenza o xuízo celebrado na mañá deste venres contra a secretaria xeral do PSOE en Ferrol, Beatriz Sestayo, por unhas supostas inxurias contra un maxistrado ferrolán, ao que a socialista tachou de "machista" a través dunha rede social, segundo a denuncia.
Tras un adiamento anterior, a vista celebrouse a pesar de que a defensa de Sestayo alegou a ausencia de dúas das testemuñas propostas --un por atoparse navegando e outro por temas de saúde--.
"A liberdade de expresión constitucional e de opinión sobre o comportamento que poden ter maxistrados é algo que vemos todos os días e que entra dentro do dereito constitucional", expresou Beatriz Sestayo tras celebrarse o xuízo.
A acusada tamén defendeu que "non hai nin un só insulto". "Penso que a xustiza debería de estar máis preocupada de perseguir aos agresores e defender ás vítimas de violencia de xénero que de estar a mergullar nos Facebook a ver se alguén opina mal contra un maxistrado", opina.
PUBLICACIÓN
A esta situación chegouse despois de que en maio de 2018, Beatriz Sestayo publicase na súa conta persoal de Facebook un comentario no que acusaba ao por entón xuíz encargado de tramitar as causas de violencia de xénero de "machista", o que xerou a continuación multitude de comentarios achegados por outras persoas.
Esta situación motivou a presentación dunha demanda polo aludido por inxurias, na que reclama unha indemnización superior aos 4.000 euros por supostos danos morais á súa persoa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.