Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2020 | Actualizada ás 14:28
A Consellería de Sanidade, apoiada polas formulacións e decisións que se adoptan no seo do comité clínico, prevé que as medidas de restrición máis elevadas se poidan suavizar cando, entre outros criterios, nos últimos sete ou dez días se a incidencia acumulada se mantivo por baixo dos 100 casos por 100.000 habitantes.
De feito, este foi o criterio que, segundo explicou a doutora Carmen Durán Parrondo, se empregou para levantar o máximo nivel de restricións aos concellos de Verín, Amoeiro e Coles, na provincia de Ourense; Monforte, na de Lugo; Boqueixón, Val do Dubra e Trazo, na Coruña; e Campo Lameiro, en Pontevedra.
Ademais deste criterio de incidencia acumulada, no borrador que manexa Saúde Pública pero que aínda está en elaboración, tamén se teñen en conta outros como son a evolución favorable tanto da diminución de número de casos, a baixada da presión asistencial e a porcentaxe de positivos por PCR realizadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.