Os mortos da pandemia en Galicia soben a 1.257 tras falecer sete mulleres con covid-19

Cinco das novas vítimas rexistráronse no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/12/2020 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

O cómputo de falecidos que deixa a pandemia do coronavirus en Galicia ascendeu a 1.257 nas últimas horas, tras morrer sete persoas que estaban diagnosticadas de covid-19, tres delas usuarias de residencias de maiores.

Un traballador sanitario totalmente protexido axuda a subir á ambulancia a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19
Un traballador sanitario totalmente protexido axuda a subir á ambulancia a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Segundo informan as autoridades sanitarias na tarde deste domingo, cinco das novas vítimas rexistráronse no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi). Destas, dúas --mulleres de 91 e 84 anos-- procedían da residencia Vila do Conde de Gondomar, mentres que o resto eran mulleres de 93, 83 e 84 anos, respectivamente.

Ademais, o Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo notificou a morte dunha paciente, de 95 anos de idade, que permanecía ingresada con covid-19.

Finalmente, outra muller de 95 anos que se contaxiou de coronavirus perdeu a vida no interior da residencia San Antonio de Beariz (Ourense).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta