Por E.P. | Oleiros | 14/12/2020 | Actualizada ás 18:06
O Concello de Oleiros (A Coruña) presentou unha querela contra a dirección do Consorcio das Mariñas por supostas irregularidades na xestión deste organismo público, que integran este municipio, ademais os concellos de Abegondo, Sada, Cambre, Betanzos, Bergondo, Culleredo e Carral.
Nun comunicado, explica que un xulgado admitiu a trámite a querela que presentou o consistorio contra o presidente do Consorcio e os técnicos responsables do mesmo.
O alcalde, Ángel García Seoane, afirma que por parte do seu Concello houbo intentos de "diálogo", pero que non lle quedou "máis remedio que ir aos tribunais porque seguen facendo o que lles dá a gana".
"Non imos permitir que na administración pública leven a cabo políticas en contra do interese xeral dos cidadáns", argumenta nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.