Por Europa Press / Redacción | Madrid | 15/12/2020 | Actualizada ás 16:42
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) insistiu este martes en reclamar unha investigación para depurar responsabilidades daqueles militares que seguen sometidos ao principio de neutralidade política, e tamén os que están na reserva.
"Non parece correcto que o feito de xubilarse lles dea o dereito para defender publicamente a necesidade de fusilar e dun novo alzamento militar", sostivo o deputado do BNG, Néstor Rego.
Ademais, tamén pretende que o Goberno español manifeste a súa posición respecto do silencio de Felipe VI sobre este asunto.
Ao seu xuízo, resulta "alarmante" que "o monarca non teña nada que dicir respecto dunha misiva na que se fala abertamente de fusilamentos, pois co seu silencio parece apoiar o seu contido e dá ás aos militares que avogan por volver ás armas".
Pola súa banda, o PNV pedirá este mércores á ministra de Defensa, Margarita Robles, que explique ao Pleno do Congreso como pensa atallar os posibles focos de ideoloxía "totalitaria" que poidan darse no Exército español por mor das últimas manifestacións de militares retirados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.