Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/12/2020 | Actualizada ás 20:31
A Real Academia Española (RAE) aceptou a proposta trasladada este xoves polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para que esta institución celebre un pleno en Galicia en 2021.
Este xoves, Núñez Feijóo asistiu en Madrid á reunión do padronado da Fundación pro-RAE, presidida polo rei Felipe VI. Alí, trasladou esta proposta que obtivo o visto e prace da RAE.
"Non podemos permitir que a segunda lingua máis falada do mundo, o castelán, sexa utilizada como moeda de cambio. As institucións deben blindar o noso patrimonio e nel todas as linguas son esenciais. Galicia seguirá protexéndoas co seu modelo de bilingüismo cordial", asegurou Feijóo a través dun tuit na súa conta oficial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.