Por Europa Press / Redacción | MADRID | 26/12/2020 | Actualizada ás 13:53
O persoal de Pfizer-BioNtech entregou esta mañá as primeiras vacinas contra a Covid-19 a técnicos da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios para a súa certificación, segundo informou o Ministerio de Sanidade.
Tras a chegada das primeiras doses a Guadalaxara, o persoal do Exército recolleu as bandexas correspondentes a Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla para o seu transporte aéreo. As restantes serán distribuídas por estrada con escolta policial.
O proceso loxístico organizado polo ministerio de Sanidade realízase desta maneira para garantir que as primeiras doses estarán a disposición de todas as comunidades e cidades autónomas mañá pola mañá, permitindo así que se comece a vacinación o mesmo día.
Trátase por tanto dunha partida adiantada, xa que a partir do luns produciranse as entregas semanais cunha media de 350.000 dose, un procedemento que é similar en toda a Unión Europea.
IDE Logistics, especialista en xestión de loxística farmacéutica, foi seleccionado para recibir o primeiro envío de vacinas contra a Covid-19 de Pfizer en España, a preparación e acondicionamento da vacina, para o seu posterior envío a toda España nun prazo de 24 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.