A presenza das mulleres na información deportiva da TVG: 0 minutos

A asociación Xornalistas Galegas vén de comezar a través de Twitter unha revisión diaria dos contidos deportivos da TVG de cara a elaboral un #InformativoDeportivoEquitativo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2021 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

“Os futbolistas teñen mozas moi belas, pero con cerebro de mosquito”. Esta expresión foi escoitada da boca dun xornalista no programa Galicia en Goles da Radio Galega mentres falaba sobre a festa dos xogadores do Sporting de Xixón que puido ser a orixe dun gromo de Covid. A frase, que provocou a indignación das redes durante estes días, foi o punto de arranque dun proceso de revisión da presenza das mulleres na información deportiva por parte da Asociación Xornalistas Galegas.

Gráfica elaborada por Xornalistas Galegas
Gráfica elaborada por Xornalistas Galegas | Fonte: Twitter Xornalistas Galegas

Dende o comezo desta semana, a través de completos fíos de Twitter, Xornalistas Galegas analiza o reparto entre homes e mulleres na información deportiva do Telexornal Mediodía da TVG. No caso do día luns, 11 de Xaneiro, non houbo nin un só minuto no que se dera voz ás mulleres, fronte aos 12 minutos restantes nos que se falou de acontecementos deportivos protagonizados por homes.

Nunha segunda análise, correspondente ao día do martes, a presenza de mulleres tivo datos novamente ínfimos con respecto á dos homes. Ante esta realidade, Xornalistas Galegas non só denuncia a invisibilidade do deporte feminino senón que tamén adxunta as novas importantes do día sobre mulleres deportistas e clubs para demostrar como se constrúe un #InformativoDeportivoEquitativo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Galegos sempre

Eu son dos que digo que se teñen que ser todo mulleres nun sector, profesión..., que o sexan. Pero poñer para dar a imaxe como nalgúns programas da tv ejpañola mellor non. Non hai peor cousa que ver algo que non sabe nada dun tema, que a poñen porque é guapa, o cal é máis machista aínda. E hai presentadores igualmente patéticos. As persoas hai que poñelas polo que valen non por ser homes ou mulleres. Por certo, cada vez hai máis mulleres preparadas que homes, porque estudan e se esforzan. Noraboa para elas porque o merecen. Eu son home e alégrome por ver máis mulleres así é unha xustiza histórica que merecen.