Máis de medio milleiro de persoas foron denunciadas a fin de semana por incumprir a normativa covid

Só o 2,2% das persoas identificadas incorría nalgunha sanción relacionada coa normativa sanitaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2021 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A Policía Nacional e a Garda Civil propuxeron para sanción a un total de 512 persoas por incumprimentos relacionados coa normativa covid en Galicia ao longo do fin de semana, despois de que o venres entrasen en vigor o endurecemento das medidas decretadas pola Xunta.

Segundo informa nun comunicado este luns o delegado do Goberno, Javier Losada, estas 512 denuncias --176 por parte da Policía Nacional e 336 por parte da Garda Civil-- saen de 1.281 dispositivos de control realizados na Comunidade galega no últimos tres días.

No marco deste operativo, identificouse a 22.439 cidadáns e controlaronse 16.069 vehículos. Do total de persoas identificadas, tan só o 2,2% incorría nalgunha sanción relacionada coa normativa sanitaria.

Por iso, o delegado do Goberno destaca de novo "o alto grao de cumprimento" que observa na poboación galega, á que traslada o seu "agradecemento pola comprensión" que manifesta ante unhas medidas que restrinxen as súas actividades para conter a pandemia.

A Policía Nacional efectuou desde o venres 184 dispositivos nos que identificou a 6.716 persoas e controlou 4.435 vehículos, mentres que a Garda Civil levou a cabo 1.097 actuacións que alcanzaron os 15.723 cidadáns e 11.634 vehículos.

Cabe lembrar que, desde o venres, o toque de queda sitúase ás 22,00 e que a hostalaría en toda a Comunidade galega debe pechar ás 18,00 horas. Ademais, un total de 63 municipios --entre eles o sete cidades-- están pechados perimetralmente.

Varios dos axentes da Policía Local realizando un control de mobilidade na saída de Santiago de Compostela cara á estrada de Ourense, no barrio de Castiñeiriño, en Santiago de Compostela
Varios dos axentes da Policía Local realizando un control de mobilidade na saída de Santiago de Compostela cara á estrada de Ourense, no barrio de Castiñeiriño, en Santiago de Compostela | Fonte: . Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta