Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2021 | Actualizada ás 21:00
A orde do DOG do pasado martes 26 de xaneiro sobre as novas restricións instauradas en Galicia debido ao aumento de casos activos de Covid-19 recolleu as actividades esenciais que poderían manterse abertas ata as 21:30 horas. Pola contra, recolleu tamén aquelas actividades non esenciais que manterían a súa actividade soamente ata as 18:00 horas.
Nesta nova regulación, non aparece como unha actividade esencial a venda de produtos de limpeza, hixiene e desinfección, obrigando aos pequenos comercios que se dedican a esta labor a pechar tres horas e media antes do que o fan grandes superficies comerciais que están a vender o mesmo tipo de produtos.
A alianza de tendas e marca de produtos de limpeza biodegradables a granel, 4Eco, está a denunciar esta situación, na que os estancos e as vinotecas, por exemplo, si están consideradas como actividades esenciais, mais as tendas de limpeza e desinfección non.
Dani Rocha, director de comunicación de 4Eco e dono da tenda A revolución de los graneles da Coruña, denuncia que durante todo o Estado de alarma dependente do Goberno Central "si estivemos considerados como esenciais e agora quítannos esa categoría".
"A XUNTA DEBE CORREXIR O SEU ERRO"
Con todo, Rocha considera que é un erro da Xunta o non incluír como comercio esencial ás tendas de limpeza e desinfección, polo que reivindica e insta áo Goberno autonómico a resolver esta confusión erro e que "se nos inclúa no apartado de esenciais, xa que os supermercados están vendendo os mesmos produtos, prexudicando así ao pequeno comercio que tanto presumen defender".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.