Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2021 | Actualizada ás 09:40
A rotura dunha peza dun camión de transporte especial cargado cun tramo de eólico provocou o corte do carril dereito e parte do esquerdo sentido Pontevedra na estrada N-541 ao seu paso polo municipio ourensán de Punxín.
Así o informou a Garda Civil de Tráfico de Ourense, que explicou que a avaría se produciu sobre as 19,15 horas deste mércores e pasadas as 9,00 horas deste xoves o camión seguía avariado no punto quilométrico 14,2 da N-541 ao seu paso por Punxín.
Por iso, foi avisado mantemento e informar, puntualizaron as mesmas fontes, da "necesidade de semáforos e sinais luminosos" na zona da avaría do camión. Así mesmo, Tráfico avisou á empresa de gas de Maside para que circulen os seus vehículos pola autovía para o retorno á súa base.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.