Entra en vigor a polémica Lei de Paisaxe da Xunta: "parece pensada para as compañías eólicas"

A nova lei, aprobada en solitario polo PP, recibiu duras críticas do movemento ecoloxista pola súa posición co eucalipto e os parques eólicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2021 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O decreto coas directrices da paisaxe de Galicia entrou en vigor este sábado, día 20 de febreiro. Trátase dun documento moi criticado que inclúe recomendacións e normas obrigatorias que terán que cumprir en todas as súas fases os proxectos que se instalen sobre o territorio galego, tanto por parte dos particulares como das administracións públicas.

En concreto, segundo se desprende do decreto, publicado o pasado 1 de febreiro no Diario Oficial de Galicia (DOG), terán que adecuarse a estas directrices non só novas obras ou construcións novas, senón tamén aqueles plans que se atopen en tramitación este mesmo sábado pero que aínda non conten coa aprobación provisional do organismo correspondente.

Así, os promotores deberán adaptar os proxectos ao decreto, aínda que non terán que sometelo de novo información pública. En canto aos plans xa aprobados --provisional ou definitivamente--, as correspondentes modificacións acometeranse na primeira revisión do proxecto en cuestión.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na roda posterior á reunión do Consello da Xunta. ANA VARELA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na roda posterior á reunión do Consello da Xunta. ANA VARELA | Fonte: XUNTA

A nova norma paisaxística da Xunta recolleu duras críticas da banda do ecoloxismo galego por considerar que se trataba dunha lei desenvolta "á medida" das compañías "eólicas e enerxéticas", á parte de permitir a repoboación de montes con eucaliptos; unha circunstancia que o sector entende como un novo ataque á biodiversidade dos espazos verdes galegos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta