Os soberanistas do Scottish National Party (SNP) gañaron as súas cuartas eleccións seguidas ao Parlamento nacional escocés (2007, 2011, 2016 e agora 2021) acadando 64 /129 escanos, un menos da maioría absoluta. A maioría independentista completouse cos 8 deputados dos verdes Scottish Green (gañan 2), fronte aos 57 deputados unionistas (31 tories-gañan 1-, 22 laboristas-perden 2 e acadan os seus peores resultados desque o Parlamernto escocés foi restaurado, no 1997- e 4 liberal-demócratas-perden 1 e acadan tamén os seus peores resultados en comicios escoceses recentes-). Os 72/129 deputados a prol da independencia escocesa sobardan os 71 de 2016 e constitúen o mellor resultado da historia para os seareiros da soberanía da vella Caledonia.