Ecoloxistas denuncian a "falta de transparencia" dos concursos de caza: "gaña quen máis mate"

Piden á Xunta que dea información sobre os plans de caza.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Novo episodio do último enfrontamento entre cazadores e asociacións ecoloxistas. Logo da denuncia de mútliples asociacións de que a Xunta "incumpría a lei" para apoiar o lobby da caza, o movemento ecoloxista galego vén de se mobilizar para demandar información á Xunta sobre o desenvolvemento da actividade cinexética. A denuncia realizada semanas atrás por diversas plataformas era, xustamente, que a autoridade autonómica mantiña unha "falta de transparencia" con respecto a estes concursos, circunstancia que os grupos verdes queren deixar atrás.

Cazador
Cazador | Fonte: © Miguel Núñez

Por esta mesma razón, veñen de apuntar que solicitan solicitan á Presidencia da Xunta acceso "á información ambiental" relativa ao Plan de Campionatos da Federación Galega de Caza. As plataformas Ecoloxistas en AcciónPetón do Lobo e Cova Crea pretenden, con este trámite, comprobar cales son os plans destes campionatos para así poder coñecer a posible incidencia dos mesmos sobre os ecosistemas afectados. 

Ante as aparentes reticencias da Xunta, lembran que, de acordo co Convenio de Aarhus, as plataformas verdes tamén teñen dereito á participación pública "en todas aquelas cuestións con repercusións sobre o medioambiente", así como a acceder á información relativa á estes campionatos. O elemento que preocupa aos movemento ecoloxistas é a "grave falta de información" que rodea este tipo de concursos.

Dende as plataformas verdes sinalan que "nos campionatos de caza gaña aquel que máis mata", unha circunstancia que os leva a preguntarse "cómo pode xustificarse un evento así dende o punto de vista medioambiental, cales son os estudos científicos que avalan que este tipo de matanzas se levan a cabo". Aluden, neste aspecto, ás comunicacións que aluden a "unha suposta superpoboación" do raposo como xustificación da súa caza. "Existe algún censo que avalíe o estado das poboacións da arcea en Galicia? Cal é o número de exemplares invernantes? E o de nidificantes?"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta