Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2021 | Actualizada ás 09:00
A consciencia medioambiental e a necesidade de protexer o medio ambiente é unha cuestión que hoxe, a 2021, se dá por feita. A implantación do pensamento ecoloxista na sociedade é tal que, mesmo en Galicia, se dan xa caso de empresas que recorren ao Green-washing, é dicir, presumir de prácticas ambientalmente responsables mentres --en moitos casos-- seguen a afectar negativamente a contorna. Iso si, pola porta de atrás.
Pero a cousa non estaban tan clara en 1992, cando a Xunta de Galicia, comandada por Manuel Fraga, elaborou o primeiro Plan Forestal de Galicia. Este documento, que pretendía dar un marco legal ata entón inexistente ao desenvolvemento e explotación do monte galego, foi duramente criticado polas asociacións ecoloxistas implicadas a raíz da súa falta de implicación coa sostibilidade das masas verdes galegas.
Case 30 anos despois, a Xunta de Galicia vén de darlle a razón á Federación Ecoloxista Galega; ou, cando menos, en parte. O Goberno galego atópase inmerso na tarefa de reformar este primeiro plan forestal, que a ollos da propia Federación “nunca chegou a cumprirse”. De aí que o monte fora pasto das demandas do mercado e unha industria “que teñen amosado escasa responsabilidade co noso medio natural”, segundo apunta a FEG.
"REPROCHES" ENTRE ÓRGANOS DA XUNTA
A nova chega porque, no proceso de reconstrución do plan, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático vén de lanzar un “severo reproche” a outro órgano da Xunta, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal --dependente de Medio Rural-- por “ter esquecido” na súa redacción aspectos ambientais “fundamentais”, apuntan dende a Federación.
Estes aspectos son, precisamente, os mesmos que as asociacións integrantes da FEG sinalaron a comezos da década dos 90 e foron “desatendidos” pola administración: “a necesidade de conservación da biodiversidade e dos ecosistemas protexidos”. En particular, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental vén de apuntar á necesidade de optar a unha “maior ambición” á hora de frear a expansión das especies exóticas invasoras e a previsión de novas invasións, a “necesidade do respecto e o coidado da paisaxe” en cumprimento das Directrices da paisaxe de Galicia, entre outros.
“Os aspectos ambientais que agora destaca a propia Administración competente na materia, foron sinalados dende a Federación Ecoloxista Galega e os grupos de defensa ambiental e de defensa do monte, e foron desatendidos polos redactores da 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia”, inciden dende a FEG, que non deixar escapar o feito de que, semanas despois de coñecer estas recomendacións, non se teñen noticias aínda das modificacións solicitadas. A pelota queda no tellado da Xunta.
A ineficacia denunciada con respecto ao plan forestal implicou que “durante os anos que transcorreron dende a súa aprobación”, tivera lugar unha “degradación” de “grandes dimensións” no monte galego, “con centos de miles de hectáreas de montes queimados en incendios forestais, millóns de toneladas de solo fértil eliminadas por erosión coa conseguinte liberación de CO2, perda continua de superficie agrícola tradicional, de diversidade biolóxica, diminución da resiliencia na conservación dos recursos hídricos, desaparición de masas arbóreas autóctonas, ocupación do territorio con especies exóticas invasoras, perda de capacidade produtiva e grandes
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.