Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2021 | Actualizada ás 15:38
O barrio de San Pedro de Santiago de Compostela está de actualidade logo de que aparecera na praza do 8M unha boneca aforcada nunha das súas árbores. O achado foi publicado na tarde do pasado venres pola tuiteira @roar_ocean e, segundo se pode comprobar na imaxe disposta pola mesma usuaria, a boneca en cuestión leva a cara da vicepresidenta primeira Carmen Calvo.
A boneca ía acompañada dun cartaz coas palabras: "perdinme, por onde queda o patriarcado?". O suceso chega xornadas despois de que a viceministra do Goberno central expresara as súas dúbidas sobre o proxecto de lei que o Ministerio de Igualdade prepara para achegar un novo marco lexislativo á cuestión trans; proxecto que vén de xerar un intenso debate no marco do pensamento feminista.
Ha aparecido esto en Santiago de Compostela, en la plaza 8 de Marzo. Le han puesto la cara de Carmen Calvo. Es un ataque directo al feminismo y a las mujeres @ContraBorrado @GuerraMasLarga. No podemos permitirlo pic.twitter.com/K2BlIkezIe
— Ocean roar (@roar_ocean) February 19, 2021
Na xornada deste sábado, a vicepresidenta primeira Carmen Calvo, condenou a aparición desta boneca coas seguintes palabras: "nin a violencia nin as ameazas teñen cabida nunha democracia. Así non", sinalou este sábado Calvo nunha publicación na súa conta de Twitter. Ante este suceso, o PSOE mostrou o seu apoio a Calvo, destacando que a "intimidación, a ameaza, a coacción ou a violencia non se poden permitir nunha democracia plena" como a española. "Isto é intolerable. É abominable. É repugnante. Xa vemos onde vai parar o discurso negacionista. Todo o noso apoio, Carmen", publicou a conta do PSOE.
Pola súa banda, a portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Cuca Gamarra, tamén mostrou a súa solidariedade con Carmen Calvo e asegurou que a violencia "nunca ten xustificación e nunca é o camiño".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.