Por E.P. | A CORUÑA | 23/02/2021 | Actualizada ás 18:21
A Deputación da Coruña financiará con 48.000 euros un proxecto piloto da Federación Rural Galega (FRUGA) para implantar un modelo de tratamento dos residuos baseado na compostaxe nos concellos rurais da provincia.
A través dun convenio, a Deputación destinará 48.000 euros para financiar este programa, o que supón un 79,55% do total do orzamento que dispón FRUGA para levar a cabo as diferentes actividades programadas e sufragar os gastos que isto supón.
O deputado responsable da área de Promoción Económica, Blas Gracía, explicou que o proxecto xa está en marcha e, nunha primeira fase, desenvólvese nos concellos de Zas e Mazaricos coa intención de estendelo a máis municipios da provincia se ten éxito.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.