(Vídeo) O Courel, Luaña ou Mazaricos, cando a Xunta se esquece da educación no rural

O vídeo #LugarDe 'A quen lle importa o rural?' pon de manifesto a situación do ensino en zonas rurais como son o Courel, Luaña e Mazaricos.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2021 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

A cooperativa galega Xarda que ofrece servizos de comunicación para o cambio social está a levar a cabo un proxecto enfocado no ensino, #LugarDe, e apoiado pola Deputación da Coruña no que viaxan ata áreas rurais para dar conta dos problemas que viven estes lugares no ámbito da educación.

Escola Unitaria de Sillobre, en Ferrol
Escola Unitaria de Sillobre, en Ferrol | Fonte: ferrol360.com

O pasado 21 de febreiro, en concreto, Xarda publicou o vídeo 'A quen lle importa o rural? no que viaxaron ata O Courel, Luaña e Mazaricos para mostrar como a administración pon trabas ao ensino rural e á propia subsistencia destas vilas.

No Folgoso do Courel, o 20% das familias do colexio dependen do servizo do transporte escolar e do taxi. A administración puxo en marcha un concurso para licitar o transporte escolar que favorece a grandes empresas e impide que os taxistas da zona opten a el. Por isto, moitos pensan que non poderán quedarse alí.

Na parroquia da Luaña, no concello de Brión, unha das protagonistas do vídeo, Lucía Forján, da ANPA da Unitaria da Luaña, asume que o feito de que os seus fillos sigan estudando nunha unitaria implica un custo económico extra para as familias

E en Mazaricos, coa inexistencia dunha liña de transporte para o alumnado de bacharelato que os leve ao seu centro a Cee, Noia ou Santa Comba, provoca xornadas de ata nove horas diarias de viaxe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta