Simón responsabiliza o Nadal do rápido incremento do virus e non á cepa británica

Feijóo chegou a dicir que o 50% dos casos en Galicia nesta terceira onda foron provocadas pola cepa británica.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 01/03/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, volveu a pór en dúbida que a variante británica do coronavirus tivese un impacto "importante" na terceira onda de contagios. Así, Simón insistiu en que o rápido incremento da transmisión do coronavirus rexistrado nestes meses débese, especialmente, ás festas de Nadal e non tanto á presenza da variante británica en España.

"Non se pode xustificar, si é certo que puido ter un impacto, pero non foi moi importante e, cos datos que temos, pódese afirmar que esta variante foi controlada en España coas medidas de control que se aplicaron", sinalou. Hai unhas semanas, Feijóo responsabilizaba do gran impacto da terceira onda en Galicia á cepa británica ao suliñar que o 50% dos contaxiados tiñan esta variante.

Dito isto, o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias lembrou que actualmente hai varias variantes circulando por España e que parecen "máis transmisibles" e que, mesmo, están a producirse mutacións en ditas variantes.

Doutra banda, Simón defendeu a importancia das vacinas contra o coronavirus porque son "claves" para controlar a pandemia en todo o mundo, e asegurou que en España haberá vacinas "suficientes" para lograr os obxectivos de vacinación fixados.

"Os obxectivos van ser factibles, poida que nestas semanas non cheguen tantas vacinas como esperabamos pero compensarase nas semanas seguintes", salientou. Así mesmo, Simón asegurou que o control da letalidade por Covid-19 que se está observando nos últimos días débese, "en moi boa parte", á vacinación.

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (CCAES), Fernando Simón, ofrece unha rolda de prensa para informar o estado da pandemia por COVID-19, en Madrid (España), a 1 de marzo de 2021. Simón, sinalou que a p. EUROPA PRESS/R.Rubio.POOL - Europa Press / Europa Press
O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (CCAES), Fernando Simón, ofrece unha rolda de prensa para informar o estado da pandemia por COVID-19, en Madrid (España), a 1 de marzo de 2021. Simón, sinalou que a p. EUROPA PRESS/R.Rubio.POOL - Europa Press / Europa Press

8M

Por outra banda, o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, aclarou que hai que evitar calquera situación, como manifestacións ou a festividade de Semana Santa, "que non permita garantir as condicións de seguridade" para evitar a transmisión da Covid-19.

"Ese era o sentido das miñas palabras e quería aclaralo. Chamoume a atención o mal que me expresei", rectificou este luns Simón, en referencia ás súas palabras do pasado xoves nas que non se opuña a manifestacións polo 8M "se se toman medidas de precaución". "Síntoo", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta