Cambios na dirección dos estaleiros de Navantia na Ría de Ferrol

Eduardo Dobarro Rubido releva a Jorge Filgueira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2021 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

A empresa naval pública Navantia decidiu nomear a Eduardo Dobarro Rubido, ata agora responsable do programa das fragatas F-110 para a Armada Española, novo director dos estaleiros na ría de Ferrol, en substitución de Jorge Filgueira, que desempeñou este cargo nos últimos anos.

Dobarro Rubido entrou en Navantia en xaneiro de 2002, polo que leva máis de 19 anos formando parte da empresa propiedade da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI)

Ademais deste cambio nos dous centros de traballo que a empresa ten en Galicia, Navantia tamén decidiu facer movementos nos postos directivos nos estaleiros da Baía de Cádiz.

Así, foi nomeado José Antonio Rodríguez Poch novo director do tres estaleiros andaluces, mentres que Javier Herrador del Río asumirá as funcións como responsable da Dirección Comercial e de Desenvolvemento de Negocio dentro da empresa, onde Marco Díaz Díaz pasa a ser responsable de reparacións en substitución de Lucia Poole Torres.

O primeiro buque AOR construído por Navantia en Ferrol para a Armada de Australia.. CEDIDA
O primeiro buque AOR construído por Navantia en Ferrol para a Armada de Australia.. CEDIDA | Fonte: J.V. MONTERO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta