Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/03/2021 | Actualizada ás 09:00
Con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra anualmente o 08 de marzo, Viaqua súmase á chamada de Nacións Unidas, marcada este ano polo lema “Mulleres líderes: por un futuro igualitario no mundo da COVID-19”. A pesar de que, tal e como indica o informe “As repercusións da Covid-19 nas mulleres e as nenas”, elaborado por Nacións Unidas, a COVID-19 agravou as desigualdades xa existentes en todas as esferas, da saúde á economía, da seguridade á protección social, esta empresa quere destacar o papel das súas mulleres.
“Xa sexa nas estacións de tratamento de auga, nos laboratorios, nas oficinas ou facendo teletraballo, as mulleres de Viaqua, polo seu compromiso diario coa preservación da auga e do medio ambiente, así como a súa colaboración na loita colectiva contra a COVID-19, son protagonistas do cambio”, asegura a compañía. Por iso, quere aproveitar este día especial para poñer en valor as iniciativas de todas as súas profesionais para garantir a subministración da auga a todas as persoas e impulsar unha recuperación económica sostible.
Viaqua destaca que tiña como obxectivo para 2021 alcanzar o 33% de mulleres en posicións de liderado pero "en 2020 xa alcanzamos e superamos o obxectivo cun 40%". "En Viaqua, a equidade e o respecto efectivo á diversidade forman parte dos principios da empresa”, indica nun comunicado no que suliña que en todos os ámbitos da organización, impúlsase unha cultura que garante a igualdade de oportunidades para todas as persoas.
Esta empresa di que está a impulsar programas de mentoring −como o programa BootCamp Impulsa, dirixido a mulleres para impulsar o desenvolvemento profesional de traballadoras da organización−, plans de igualdade e medidas de conciliación e flexibilidade, contribuíndo ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU. En 2020, celebrouse a Semana da Equidade, Diversidade e Inclusión coa participación de expertos e expertas na materia co fin de lograr unha cultura de equidade dentro da empresa.
Para descubrir algunhas das mulleres que traballan en Viaqua e que participaron na loita da empresa para paliar os efectos da situación derivada da pandemia, Viaqua desenvolverá en Twitter, durante toda a semana, a campaña de comunicación dixital: #MulleresViaqua.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.