Temas: DEPORTE VERIN BTT

A 'V edición da carreira do Lázaro', en Verín, será virtual

O club BTT de Verín, en colaboración co Concello, farán posible que se realice a través do GPS. As persoas interesadas en participar poderán completar o percorrido entre o 20 de marzo é o 4 de abril.

Por X.M. Fernández | Verín | 10/03/2021 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Para realizar a inscrición, que ten un custo de 5 euros, será necesario descargar a APP de  Saudeter e seguir os seguintes pasos:

Imaxe da web BTT Verín
Imaxe da web BTT Verín

1. Plataforma de inscrición en ¡INSCRÍBETE AQUÍ!.

2. Ver o trazado da ruta en google maps (móbiles android) ou Apple Maps (móbiles de ios) en INFORMACIÓN DE CARRERA.

3. Adestrar antes da carreira en ENTRENA PARA LA CARRERA (pódese facer as veces que se desexe).

4. Ver tempos e clasificacións ao rematar o exercicio.

5. Participar (as veces que se queira no prazo indicado; a APP clasificará o mellor tempo):

-Pódese facer co móbil. En PARTICIPAR EN LA CARRERA e seguindo os pasos da app (situarse no punto da SAÍDA e darlle a PARTICIPAR EN LA CARRERA). Esta deberá estar sempre en funcionamento ata a meta. Non pechar a app na metade da carreira porque o exercicio será nulo. En caso de perder o sinal GPS máis de 5 minutos a app cancela o exercicio. Asegurarse tamén de que a app funciona en segundo plano no móbil.

-En caso de correr co reloxo ou ciclocomputadora recoméndase descargar o arquivo GPX.

6. Descargar link en INFORMACIÓN DE LA CARRERA

Subida a ligazón ao dispositivo empregado, os participantes deberán cumprimentar a lo menos o 90% dos puntos fixados. Iniciar o exercicio uns metros antes do punto exacto da saída e ver o mapa de cada evento en INFORMACIÓN DE LA CARRERA .Cerrar o exercicio sempre uns metros despois da META. Ao rematar subirase o track en formato GPX no enlace destinado para tal fin.

Tendo ben trazado o percorrido deberanse consultar os resultados en CLASIFICACIÓN EN VIVO ao momento; do contrario o track está en CUARENTENA. O trazado rexistrado mostra variantes co plantexado.

En caso de problemas no proceso, a organización facilita o seguinte correo electrónico carreras@saudeter.com para contactar. Neste caso prégase indicar DNI, arquivo GPX e número de teléfono.

En canto ao protocolo COVID-19 establecido para devandita carreira, a organización lembra tamén que poderán realizar a proba conxuntamente un máximo de catro persoas non conviventes, e sempre con máscara.

Temas: DEPORTE VERIN BTT
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta