Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/03/2021 | Actualizada ás 17:12
O Servizo Galego de Saúde realizará este venres un cribado aleatorio selectivo a unhas 700 persoas de 18 a 74 anos de idade no concello de Vilardevós (Ourense), na mesma xornada na que entrará na listaxe de municipios coas máximas restricións para frear a Covid-19.
Segundo informou a área sanitaria de Ourense, serán convocadas por SMS 700 persoas de entre 18 e 74 anos no patio cuberto do CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez entre as 15,00 e as 17,00 horas para as probas.
Este concello entrará en restrición de nivel máximo, e sumarase así ás localidades ourensás de Boborás e A Mezquita, este venres 12 de marzo.
Na actualidade, este concello da área sanitaria ourensá ten unha incidencia acumulada a sete días de 390 casos de Covid-19 por 100.000 habitantes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.