Ciudadanos pide investimento para combater os efectos da pandemia na saúde mental

Beatriz Pino pide unha estratexia estatal e por parte da Xunta para previr trastornos de conduta alimentaria e mellorar o cociente de profesionais da psicoloxía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2021 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

A portavoz de Ciudadanos en Galicia, Beatriz Pino, considerou necesario investir en prevención e detección temperá para combater os efectos do impacto da pandemia na saúde mental. Así o sinalou nun comunicado remitido aos medios, no que apunta que este problema afecta a moitas persoas galegas e lembra que a súa formación presentou unha iniciativa para mellorar a atención e promoción da saúde e benestar emocional dos mozos.

"En Galicia un 12,57% de persoas que declaran ter problemas crónicos de ansiedade e uns 12,06% problemas crónicos de depresión", indica Beatriz Pino, que considera que estes datos "preocupan" e que se deben de "atallar". A dirixente de Cs Galicia considerou "fundamental" unha estratexia estatal e tamén por parte da Xunta para previr trastornos de conduta alimentaria, educación en saúde para un consumo responsable de fármacos, mellorar o cociente de psicólogos; e recoñecer o labor de psicólogos e psiquiatras.

"Somos conscientes de que a saúde mental se enfrontou tradicionalmente ao estigma, ao tabú e á infrafinanciación e cada euro investido en prevención, aforra entre 4 e 7 euros en atención sanitaria intensiva ou hospitalaria, e permite reducir risco de sufrir patoloxías", sostén Piñeiro.

A portavoz de Cs Galicia incide en que a covid "golpeou con dureza" a saúde mental de todos os galegos e apunta tamén que os profesionais sanitarios "sufriron un revés na súa estabilidade emocional". "Viron como se lles morrían máis pacientes que nunca, traballaron horas, días e semanas sen descanso facendo fronte á pandemia sen estar suficientemente equipados, e este Goberno falloulles", sinalou.

A coordinadora de Cs en Galicia, Beatriz Pino / Ciudanos Galicia / Europa Press
A coordinadora de Cs en Galicia, Beatriz Pino / Ciudanos Galicia / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta