Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/03/2021 | Actualizada ás 17:39
Os grupos con representación no Parlamento de Galicia --PP, BNG e PSOE-- pediron á Xunta que tome "todas aquelas medidas que sexan necesarias" para evitar o traslado do centro de operación de conca do río Sil radicado no concello ourensán da Rúa.
A iniciativa, que partiu dos socialistas na comisión de industria, demanda á súa vez cumprir con outro acordo de xuño de 2019 polo que a Cámara solicitaba o compromiso con defender o mantemento dos postos de traballo de Iberdrola na comarca de Valdeorras así como no resto de Galicia "como compensación do impacto social que ten a produción enerxética" en Galicia.
Tamén requiría (e agora vólveno reclamar os grupos) manter o diálogo e colaboración cos concellos das comarcas de Valdeorras e Trives "e calquera outra institución galega comprometida nestes obxectivos".
Por último, solicitaba dirixirse á dirección de Iberdrola para esixirlle o mantemento dos postos de traballo e o freo ao progresivo desmantelamento dos servizos no territorio galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.