Critican que Política Social gaste 225.000 euros en asesores mentres “non ten para mercar sillóns ou arranxar goteiras”

A CIG denuncia que se gasten os cartos públicos en asesores e non en necesidades “prioritarias” de residencias de maiores.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/03/2021 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O Gabinete de asesores nomeados a dedo por Fabiola García está composto por 8 persoas cun gasto total en nóminas de 225.000 euros ao ano, un montante que equipara a Fabiola Garcia cos gastos da Casa Real de Felipe VI en persoal de confianza. É a denuncia que fai a CIG que acusa a este departamento de dilapidar diñeiro en asesores e non en material neceario en residencias de maiores.

“Teñen dúas persoas para coordinarse entre  si mesmos como coordinadores de gabinete e unha asesora de Parlamento e un Xefe de Gabinete, con catro persoas máis que non se sabe en que asesoran a Fabiola García”, indica este sindicato nun comunicado non que considera “absolutamente desorbitado e fora de lugar” estes gatos xa que Fabiola Garcia “conta con funcionarios en postos de libre designación (secretaria xeral, subdirectores, xefes de servizo) que poden desempeñar todo o asesoramento en todas os campos de Política Social”.

Por iso, critica que se gasten os cartos públicos en asesores e non en necesidades “prioritarias” de residencias de maiores e demais centros de asistencia directa que “non están a ser atendidos e seria de primeira necesidade atendelos, para que o persoal poidese facer as súas funcións con protección e seguridade e cun mínimo de dignidade”.

A CiG cita como exemplo o estado dun sillón para descanso dos ordenanzas na quenda de 10 horas de noite na Residencia de Volta do Castro e as goteiras dun dos comedores de residentes asistidos na Residencia de Maiores de Ferrol. “A falta de inversión e compras necesarias é algo común en todos os centros da provincia da Coruña, tendo que aproveitarse dende sabanas e protectores con remendos a maquinaria de cociña, comedor ou lavanderia obsoleta e con averias constantes”, denuncian.

Por iso, este sindicato pídelle á conselleira Fabiola García que reduzca a “cero” o seu persoal de gabinete e destine eses fondos a bens de primeira necesidade nos centros de atención directa de Política Social. Tamén lle piden que use ao “persoal funcionario totalmente preparado e con coñecementos para asesorala, mesmo con total confianza xa que a Secretaria Xeral, os Subdirectores e os Xefes de Servizo que son postos de Libre Designación”.

Goteiras dun dos comedores de residentes asistidos na Residencia de Maiores de Ferrol
Goteiras dun dos comedores de residentes asistidos na Residencia de Maiores de Ferrol | Fonte: CIG

Estado dun sillón para descanso dos ordenanzas na quenda de 10 horas de noite na Residencia de Volta do Castro
Estado dun sillón para descanso dos ordenanzas na quenda de 10 horas de noite na Residencia de Volta do Castro | Fonte: CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Xesús Ateo Recalcitrante

E logo onde ían colocar aos amiguiños e aos enchufados?

1 Artabro17

Tamén ben poidese aturar ao novo Director da Residencia Torrente Ballester da Coruña, que a única medida que tomou foi cambiar os cadros dos pasillos da residencia... xa que non lle gostaban. Que o seu persoal non teña mascarillas adecuadas, non ten importancia. Cousas de Xunta!