Segundo o calendario do Real Club Náutico de Sanxenxo, está previsto que na xornada do xoves se desenvolva a competición da clase 6 metros, na que, presumiblemente, Juan Carlos I participará a bordo do seu barco o 'Bribón'. O rei Felipe VI tamén estará en Galicia o xoves, na illa da Toxa.