O rei Felipe VI recibirá a Rueda o martes

Á marxe da reunión con Felipe VI, o mandatario galego avanzou a súa intención de urxir unha cita co presidente do Executivo central, Pedro Sánchez, ao que pretende lembrarlle os compromisos pendentes con Galicia en infraestruturas e outros ámbitos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2024 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

O rei Felipe VI recibirá ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no Palacio da Zarzuela, en Madrid, o vindeiro martes 7 de maio, menos dun mes despois da súa segunda toma de posesión como xefe do Executivo autonómico. Rueda xa acudira a Zarzuela tras ser designado por primeira vez presidente da Xunta, no ano 2022, tras substituír a Alberto Núñez Feijóo, ao marcharse este a Madrid para dirixir o PP.

O Rei Felipe VI recibe en audiencia ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela
O Rei Felipe VI recibe en audiencia ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela | Fonte: Gustavo Valiente - Arquivo

Entón, nun encontro que ten un contexto protocolario, trasladoulle o "agarimo" dos galegos cara á institución monárquica e as prioridades para a comunidade. Este martes, volverán manter un encontro tras lograr Rueda revalidar a maioría absoluta (con 40 dos 75 escanos do Parlamento de Galicia) o pasado 18F. Á marxe da reunión con Felipe VI, o mandatario galego avanzou a súa intención de urxir unha cita co presidente do Executivo central, Pedro Sánchez, ao que pretende lembrarlle os compromisos pendentes con Galicia en infraestruturas e outros ámbitos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta