Gómez-Reino (Podemos): "Non podemos permitir que un megaproyecto eólico dane a montaña máis alta de Galicia"

Realizou un roteiro en Trevinca para reivindicar a importancia deste espazo natural.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 19/03/2021 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

O deputado de Unidas Podemos Antón Gómez-Reino desprazouse a Vilanova de Trevinca, a última aldea da localidade da Veiga de Cascallá para realizar unha ruta de montaña por Pena Trevinca e comprobar a riqueza ambiental, paisaxística e natural desa zona, onde a multinacional norueguesa Statkraft prevé instalar un megaproyecto eólico de 31 aeroxeradores de 170,5 MW de potencia.

Segundo informa nun comunicado, antes da ruta Gómez-Reino mantivo unha reunión con membros do club de montañismo 'Montañas de Trevinca', unha das entidades que máis traballou para evitar a instalación do 'Parque Eólico Prada', cuxa tramitación administrativa se atopa en fase de avaliación do impacto ambiental.

Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común xa rexistrara no Congreso en febreiro unha iniciativa para evitar que as administracións públicas dean luz verde a un proxecto cuxas instalacións limitarían coas Zonas Especiais de Conservación do Macizo Central e Pena Trevinca, atravesarían oito zonas protexidas de auga potable, así como a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Meseta Ibérica.

Teixedal de Casaio, o monte máis antigo de Galicia, en Pena Trevinca
Teixedal de Casaio, o monte máis antigo de Galicia, en Pena Trevinca

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta