Preséntase Movemento Arredista, un "proxecto abertamente independentista" vinculado ao BNG e á CIG

"Temos a vontade de sumar forzas e afortalar a unidade de acción dos espazos frentistas de masas nos que participamos, particularmente no BNG e na CIG", di.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/03/2021 | Actualizada ás 21:23

Comparte esta noticia

O Movemento Arredista xa se presentou públicamente. Foi este xoves no parque de Bonaval de Compostela tras rematar o proceso constituínte “Sumarmos forzas pola ruptura”, iniciado en outubro de 2020.

Noa Presas, deputada do BNG, na presentación do Movemento Arredista
Noa Presas, deputada do BNG, na presentación do Movemento Arredista | Fonte: remitida

"Compromiso militante,  traballo de base, construción de poder popular e a suma de forzas en todos os espazos, "nomeadamente afortalando o BNG e a CIG desde posicións revolucionarias". Eses son os principias obxectivos do Movemento Arredista, unha nova ferramenta política para sumar forzas pola "ruptura democrática".

Foi o domingo 28 de febreiro cando celebrou a Asemblea Nacional Constituínte co proceso lanzado en outubro de 2020. "Daquela faciamos unha convocatoria aberta á conformación dunha nova organización que consolidase no seo do soberanismo un novo referente organizativo desacomplexadamente independentista, que aposte polo socialismo e sexa consecuentemente feminista", indicaban.

Este xoves unha representación da Mesa Nacional compareceu para presentar o logotipo e as liñas básicas da organización, aprobadas nesta asemblea. O acto foi introducido por Susana Camba (membro da Executiva Nacional do BNG e concelleira na Estrada), que deu paso ás duas compañeiras da nosa Mesa Nacional que leron o texto de presentación: Silvia Pardo (militante feminista e portavoz do BNG no concello das Pontes) e Noa Presas (deputada do BNG).

Movemento Arredista insiste no seu "proxecto abertamente independentista, comunista e feminista" con vocación de intervir en todos os ámbitos da sociedade. "Farémolo desde as nosas posicións e con voz propia, mais sempre coa vontade de sumar forzas e afortalar a unidade de acción dos espazos frentistas de masas nos que participamos, particularmente no BNG e na CIG, onde seguiremos a xogar un papel fundamental", indica nun comunicado.

"Pensamos que hoxe maís que nunca é preciso organizarse, recuperando os valores da militancia e do compromiso para darmos unha resposta a todo o que está a pasar. Só así poderemos facer frente a esta nova crise xa en marcha, cuestionando desde a raiz un sistema que atenta cada vez máis contra as nosas vidas", engade ao tempo que anuncia presentacións por todo o país para achegar novas persoas ao proxecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 militante mlm beirista

Miña naiciña, joder, só falta ahí a alguen que traballe e non sexa un parásito... que se sumen a fpg e xa son a "vangarda proletaria" jajajaja, de chiste

4 xose

A idea está ben, necesaria, pero ao chegar a palabra "comunista e feminista", enterraro-na. O pobo galego é comunista? nooooon. Os galegos son emprendedores, traballadores, gustan do progreso económico, queren ter; gustan do capitalismo social. Incluso gustan do euro e da Unión Europea. O descoñecemento do pobo limita a base e impide o obxetivo: a independencia.

3 Alienao

Comunista? Así ides converxer con moita xente. Moi boa ideia.

2 Ricardo R.

Comunista y feminista es una contradicción en sí. ¿Se sabe de algún país comunista gobernado por una mujer? En general los partidos comunistas suelen ser los más machista, y si no, observemos al del macho alfa de la coleta y su rebaño.

1 nostrus

Movimiento de renegados desleal e insolidario que solo puede tener compresnsión de otros movimientos de renagados de otras regiones que tambien sean desleales e insolidarios y que aparenten buena sintonía entre ellos porque practican la deslealtad e insilidaridad mutua y reciproca. Poco futuro.

1 Galiza fora de expaña

a solidaridade ben entendida comenza cos galegos, non cos al-andalus nen mandriles... debemos separarnos de expaña ESTADO OPRESOR E IMPERIALISTA, polo ben do noso pobo galego... non queremos nen somos expañois que é ser a peor escoura. O UNICO MALO DESTE PROXECTO e que non sexa de dereitas... os arredistas sempre nos consideramos de dereitas!!!

2 nostrus

"nen somos expañois que é ser a peor escoura". Pode ser certo o que dis, pero non abarca a todos os españoles, só aos pederastas, corruptos e separatistas; o resto é boa xente. De todos xeitos os separratas axudades a conformar a identidade española aportando pola vosa parte deslealdade e ruindade, pero por sorte queda disolta na inmensidade española dando lugar a unha nación maravillosa e por moito que vos esforcedes non conseguides enmerdala mais alá do que vos enmerdedes vos